Thursday 09 de May de 2024

José Manuel Rey clausura en Ordes o programa de formación laboral ‘Deseñando o teu futuro’


O conselleiro de Política Social e a directora xeral de Xuventude acompañaron ao alcalde do municipio e ao presidente da Mancomunidade na entrega de diplomas aos máis de 30 participantes

Esta mañá físoxe entrega en Ordes dos diplomas do programa de formación laboral ‘Deseñando o teu futuro’, desenvolvido pola da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en consonancia coa Mancomunidade de Ordes. O acto estivo encabezado polo conselleiro da área de Política Social, José Manuel Rey Varela; o alcalde do municipio, José Luis Martínez Sanjurjo; o presidente da Mancomunidade de Ordes, Roberto Rey; a directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez; así como alcaldes e conselleiros de Servizos Sociais de distintos concellos da zona.
Dende o pasado mes de xullo 33 mozos e mozas, entre os 14 e os 18 anos de idade, participaron nesta iniciativa. Cada un deles tivo a oportunidade de visitar e realizar prácticas en empresas e entidades públicas e privadas de sectores tan diversos como a hostalería, administración, panadería, agricultura, fotografía, perruquería, comercio, farmacia, informática, servizos sociais ou incluso na Policía Local.

O conselleiro o responsable da carteira social da Xunta de Galicia garantiu “apoio constante” á xuventude de Galicia, “non só neste momento formativo, tamén na súa inserción no mercado laboral”. Pola súa banda tanto o presidente da Mancomunidade como o alcalde de Ordes destacaron “o positivo e enriquecedor desta experiencia para decidir a traxectoria profesional que se queira tomar”. Tanto o alcalde de Ordes como o presidente da Mancomunidade agardan “que se volva a repetir este programa”. Con el quérese apoiar a formación da mocidade e a adquisición de coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento tanto persoal como profesional. Con este obxectivo prioritario facilítase un primeiro contacto co ámbito laboral no seu contorno máis inmediato. As estadías visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas.

Visita á empresa local
Previamente José Manuel Rey visitou no polígono industrial de Merelle unha das empresas participantes no programa. O propietario da Carpintería Sanjurjo explicou pormenorizadamente o funcionamento e as funcións realizadas polos dous aprendices, así como o día a día na empresa. O conselleiro tamén tivo ocasión de ver algún dos traballos realizados.